Somos

FIARE son dúas cousas ao mesmo tempo:

  • Unha rede de persoas e organizacións con vocación de crear alternativas dentro do mercado

    financeiro para construír unha economía con outros valores ao servizo dunha sociedade máis xusta.

  • Unha empresa que opera en España como axente de Banca Popolare Etica, S. Coop.

 

En canto rede de persoas e organizacións, FIARE parte dunha convicción: a actividade económica non é neutral. Non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou inintencionais. Toda decisión económica é, en último termo, unha decisión ética, asumida dende un marco determinado de conviccións e que ten consecuencias que favorecen a uns e prexudican a outros.

Nos nosos entornos,fiarebanner1 cada vez máis persoas e organizacións vanse facendo conscientes desta realidade e tentan tomar as decisións sobre o destino dos seus aforros, sobre as súas solicitudes de creto ou as súas inversións con responsabilidade, baseándose nunha información fiable e suficiente. E queren facelo para construír unha economía e unha sociedade onde as persoas sexan o obxectivo e a economía o medio, onde a ausencia de ánimo de lucro nas relacións económicas permita colocalas ao servizo dunha cidadanía activa e participativa.

En canto á actividade bancaria, FIARE é axente exclusivo de Banca Popolare Etica, S. Coop, que é unha cooperativa de creto que opera en Italia como banco a todos os efectos, como pode comprobarse no rexistro oficial do Banco de Italia, e como tal ofrece todo tipo de produtos e servizos, sen perder as súas características de ausencia de lucro, democracia cooperativa e construcción de abaixo cara arriba. Todo iso sen perder a súa condición de entidade supervisada, adscrita a un Fondo de Garantía de Depósitos na Unión Europea, neste caso o italiano. Banca Popolare Etica, S. Coop opera en España sen establecemento permanente, seendo FIARE o seu axente en exclusividade. Pódese verificar o comezo das súas actividades dende a propia web do Banco de España.

info2

síguenos en

Síguenos en Facebook www.facebook.com/proyectofiare twitter1

Somos agentes de BpE y estamos adscritos a los principios de la Economía Solidaria

logobpe red de economia alternativa

... además podrás encontrarnos en: